A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 45/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Jesús Fernández Fernández, contra a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L:, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para emenda-las deficiencias denunciadas.
O citado acordo é do seguinte teor:
Acordo de inicio de expediente sancionador 45/2000.
Vista a denuncia presentada por Jesús Fernández Fernández, da vivenda 6º I da avda. Carrero Blanco, 195 desta cidade de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:
Feitos.
Primeiro.-Con data 18 de abril de 2000, por Jesús Fernández Fernández, formula denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 6º I do inmoble citado.
Segundo.-Consecuentemente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o número 214/2000, que finalizaron con requirimento á pro
motora inmobiliaria Prado Gay, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e de 30 días para a execución do mesmo.
O requirimento foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia en data 7 de agosto de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.
Terceiro.-Non existe constancia nesta delegación provincial do IGVS de que a promotora denunciada atendera o requirimento efectuado de corrección de deficiencias na vivenda do denunciante.
Fundamento de dereito.
1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, de 22 de maio.
2. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.
Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.
3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación do presente acordo para achegaren os documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñeren probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.
4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na alínea e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, da que aparece como presunto responsable a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., podendo corresponder unha sanción de 500.001 ptas. e inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante o prazo máximo de 6 anos, sen prexuízo do que resulta da tramitación do presente procedemento.
5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros puntos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da dita lei.
Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación
ACORDA:
1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra a promotora Prado Gay, S.L., como presunta responsable dos feitos sinalados.
2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.
3. Conceder un prazo de quince días para os interesados achegaren cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e, de se-lo caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.
Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor, con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíquese ós interesados, entendendo en todo caso como tal o inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lugo, 25 de setembro de 2000.
Antonio Boné Piña
Delegado provincial de Lugo