Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Mariscadores Virgen del Carmen de Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foi depositada a certificación do acordo da asemblea xeral pola que se modifican os estatutos da Asociación Profesional de Mariscadores Virgen del Carmen de Moaña.

Asina a certificación do acordo: Emilio Gramary Entenza, secretario da asociación.

A modificación dos estatutos depositados poderá ser examinada por calquera persoa interesada.

Vigo, dezasete de outubro de dous mil.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra