Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.468

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de novembro de 2000 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Convocado proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de administración da Xunta de Galicia, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de xuño de 2000, publicada no DOG número 114, do 13 de xuño, e modificada pola Orde do 14 de xullo de 2000 (DOG nº 146, do 28 de

xullo), respectivamente, e de conformidade co establecido na correspondente base da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de administración da Xunta de Galicia serán os que a seguir se indican:

Tribunal

Grupo A.

A.1.

Titular.

Presidente: Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

Vocais:

Gonzalo de la Huerga Fidalgo, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en representación da EGAP.

Manuel Ángel Galdo Pérez, subdirector xeral de Caixas de Aforros e Entidades Financeiras da Consellería de Economía e Facenda.

Mª Luisa Vilas Agraso, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Cristina Ruíz Tovar, funcionaria do Concello da Coruña.

Suplente.

Presidente: Fernando Amarelo de Castro, secretario xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.

Vocais:

Fernando Seoane Pesqueira, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en representación da EGAP.

Javier Ramón Díaz Ortiz, funcionario da Xunta de Galicia.

Emilio Crespo Correa, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Juan Ramón Beneyto Bellas, técnico facultativo superior de organismos autónomos do Estado.

A.2.

Titular.

Presidente: Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Vocais:

Ramón García-Malvar y Mariño, fiscal-xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en representación da EGAP.

Mª Ángeles Sicret Romero, funcionaria da Xunta de Galicia.

Henrique Salas Ellacuriaga, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Susana Benedetti Corzo, asesora xurídica da Consellería de Economía e Facenda.

Suplente.

Presidente: Fernando Juanes García, xefe do Gabinete Xurídico Territorial da Coruña.

Vocais:

Beatriz Pacios Yáñez, fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en representación da EGAP.

Jesús Manuel Lamas Barja, subdirector xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente.

Xosé Bernardo Castro, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Luis Jesús Vázquez Forno, letrado do Sergas-A Coruña.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública