Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de novembro de 2000, polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O Real decreto lei 8/1994, do 5 de agosto, suprime as cámaras oficiais da propiedade urbana, sendo unha das funcións que viñan realizando estas corporacións de dereito público o depósito de fianzas, mediante a venda, recadación e cancelación do papel delas.

Sobre este particular, o Decreto 46/1999, do 11 de febreiro (DOG nº 42, do 2 de marzo), na súa disposición transitoria segunda sinala que, durante a disolución efectiva das citadas cámaras, tódalas xestións en relación co depósito de fianzas serán asumidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, como administración competente para a xestión das fianzas legalmente establecidas nos supostos de arrendamento de vivendas e locais de negocio.

Esta función nas catro capitais de provincia e en Santiago de Compostela pode ser realizada polas unidades que o propio organismo autónomo ten; o problema xorde pola prestación deste servicio naquelas cidades que tiñan cámara da propiedade e teñen entidade poboacional suficiente como para seguir dispoñendo do servicio.

Así mesmo, no artigo 10 do citado decreto regúlase a integración do persoal das extinguidas cámaras da propiedade urbana na Administración da Comunidade Autónoma.

Todo isto, así como a necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-las relacións de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e da citada consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaseis de novembro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación das ditas modificacións no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

OT.C01.00.000.15770.010

OT.C02.00.000.15770.001

OT.C03.00.000.15770.001

OT.C04.00.000.15770.001

OT.C05.00.000.15770.003

OT.C99.10.000.15001.001

OT.C99.10.000.27001.001

OT.C99.10.000.32001.001

OT.C99.10.000.36001.001

Secretario/a conselleiro

Secretario/a secretario xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a director xeral

Secretario/a delegado/a provincial

Secretario/a delegado/a provincial

Secretario/a delegado/a provincial

Secretario/a delegado/a provincial

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.
OT.A99.10.000.15001.031

OT.A99.10.000.36001.020

OT.C02.00.001.15770.014

OT.C02.00.001.15770.040

OT.C99.10.000.15001.076

OT.C99.10.000.27001.051

OT.C99.10.000.27001.052

OT.C99.10.000.32001.048

OT.C99.10.000.36001.063

Habilitado

Habilitado

Negociado de habilitación

Sección Habilitación de Persoal

Habilitado

Habilitado

Habilitado-Pagador

Habilitado

Habilitado

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

4. Deixar sen efecto a relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda publicada no DOG nº 147, do 2 de agosto de 1999.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de novembro de dous mil, relativo á modificación das relacións de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Na vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Creacións:

* No DOG nº 171, do 5 de setembro de 1997:

-Na páxina 8.690, no centro de destino «ÁREA PROVINCIAL DA CORUÑA», créase o seguinte posto de traballo:

Código de posto: «OT.A99.10.000.15001.031».

Denominación: «HABILITADO».

Vacante: «».

Nivel: «18».

Complemento específico: «556.068».

Tipo posto: «S».

Forma provisión: «LD».

Grupo: «BCD».

Corpo/escala: «XERAL».

Observacións: «POSTO SITO EN FERROL».

-Na páxina 8.692, no centro de destino «ÁREA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA», créase o seguinte posto de traballo:

Código de posto: «OT.A99.10.000.36001.020».

Denominación: «HABILITADO».

Vacante: «SI».

Nivel: «18».

Complemento específico: «556.068».

Tipo posto: «S».

Forma provisión: «LD».

Grupo: «BCD».

Corpo/escala: «XERAL».

Observacións: «POSTO SITO EN VIGO».

* Supresións:

-Na páxina 8.688, no centro de destino «SECRETARÍA XERAL», suprímese o posto «OT.A02.00.000.15770.011.-AUXILIAR ADMINISTRATIVO».

Persoal laboral

Supresións:

* No DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, na páxina 8.717:

-No centro de destino «ÁREA PROVINCIAL DA CORUÑA», suprímese o posto de traballo «OT.A99.10.000.15001.105.-EMPREGADO PREDIOS URBANOS».

-No centro de destino «ÁREA PROVINCIAL DE OURENSE», suprímese o posto de traballo «OT.A99.10.000.32001.059.-LIMPADOR/A».