Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

De conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997, do 24 de marzo), unha vez que se aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, no núcleo de San Cibrao, para actuacións no contorno do litoral, por medio do presente anuncio dáse cumprimento ó trámite de información pública mediante o seguinte edicto:

A sesión plenaria do Concello de Cervo, con data do 29-7-2000, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no núcleo de San Cibrao, para actuacións no contorno do litoral.

As persoas interesadas teñen á súa disposición o expediente nas dependencias municipais (secretaría e oficina técnica) para trámite de información pública e, se é o caso, efectu-las alegacións que consideren oportunas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 9 de outubro de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde