Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARTELLE

ANUNCIO.

Con data do 3 de novembro de 2000 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de saneamento e abastecemento a Gueral, A Lagoa, Carballos, Sanguñedo e Sabuz, o que se expón ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 16.020.204 pesetas.

Fianza definitiva: 640.808 pesetas.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte (agás o sábado), a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Cartelle, teléfono: 988 49 11 11. Fax: 988 49 11 20.

Cartelle, 6 de novembro de 2000.

María Carmen Leyte Coello

Alcaldesa