Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha asistencia técnica para o diagnóstico e implantación dun plan para a rexeneración do tecido empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación polo Igape dunha asistencia técnica para o diagnóstico e implantación dun plan para rexeneración do tecido empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 19/00.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para o diagnóstico e implantación dun plan para a rexeneración do tecido empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Prazo de execución: o establecido na oferta técnica do adxudicatario, cos seguintes límites: máximo total da contratación, 31 de decembro de 2001. Asistencia relativa ós puntos 1-3 da cláusula terceira do prego de técnicas: máximo cinco meses. Asistencia relativa ó punto 4 da cláusula terceira do prego de técnicas: mínimo, seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 20.000.000 de pesetas (vinte millóns de pesetas), IVE incluído, orzándose a asistencia relativa ós puntos 1-3 da cláusula terceira do prego de técnicas nun máximo de 14.000.000 de pesetas, IVE incluído, e a tarefa/hora da asistencia relativa ó punto 4 da cláusula terceira do prego de técnicas nun máximo de 15.000 pesetas, IVE incluído, podéndose contratar asistencias con cargo a este punto ata un importe máximo de 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (400.000 pesetas).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 11.30 horas do noveno día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica