Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios 253/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola

Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na delegación provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 16 outubro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 253/00-Incendios.

Denunciado: Eladio González Abad.

DNI: 34.911.909.

Último domicilio coñecido: r/ San Antón-Verín-Ourense.

Feitos probados: queima de maleza sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artículo 137 b) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 8.000 pesetas.