Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 17 de novembro de 2000 Páx. 15.412

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (98/2000).

Polo presente edicto faise saber que no recurso contencioso-administrativo número 98/2000 seguido neste xulgado por instancia da CIG, representado e defendido pola letrada Francisca Dolores Arias Castro, contra resolución do Concello de Curtis pola que se convocaba a selección de persoal laboral temporal no dito concello, publicada en El Correo Gallego o día 12 de marzo de 2000, e contra as novas bases aprobadas posteriormente en datas 5 e 7 de abril de 2000, foi dictada resolución xudicial no día da data na que se acorda a publicación do presente edicto, polo que se lles fai saber a cantas persoas nas que ó seu favor puidera derivarse algún

dereito do acto administrativo impugnado e a quen tivera interese directo no mantemento do recurso contencioso-administrativo antes citado que poidan comparecer nos autos, en legal forma, no prazo de nove días desde a publicación deste edicto, na súa condición de codemandados, se o seu dereito lles conviñese, baixo apercibimento de que, no caso de non comparecer, se seguirá a tramitación do recurso na súa ausencia.

A Coruña, 20 de outubro de 2000.

O secretario

Rubricado