Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 16 de outubro 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada do expediente sancionador PO-0869-1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos de alzada dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r /Palma nº 4-Vigo.

Nº de expediente: PO-0869-1998.

Denunciado: Manuel Alonso León.

Enderezo: avenida de Portugal, 28-2º A-Ourense.

Precepto infrinxido: 6.1º, 6.7º, 6.9º e 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil catro pesetas (100.004 pesetas).

Recurso de alzada presentado o día: 11 de xaneiro de 2000.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de cen mil catro pesetas (100.004 pesetas).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/c nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 16 de outubro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegado territorial de Vigo