Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 16 de novembro de 2000 Páx. 15.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a dirección facultativa das obras de construcción dun auditorio-pazo de congresos en Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 00-01-DFOR.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras de construcción dun auditorio-pazo de congresos en Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: igual ó prazo de execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns oitocentas oitenta e seis mil seiscentas setenta e catro (14.886.674) pesetas (89.470,71 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: esixirase unha fianza provisional de duascentas noventa e sete mil setecentas trinta e tres (297.733) pesetas (1.789,41 euros).

b) Definitiva: a garantía definitiva será o catro (4) % do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: quince (15) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A solvencia económica e financeira do empresario acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo 16.1.a. do texto refundido da LCAP.)

b) A solvencia técnica acreditarase, de acordo co artigo 19 do texto refundido da LCAP, mediante a presentación dos seguintes documentos:

Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes. É condición indispensable que no equipo figure un

arquitecto superior, como responsable da dirección facultativa.

No caso de non pertencer ó cadro de persoal da empresa, documento de colaboración aceptado e asinado polo arquitecto superior responsable da dirección facultativa das obras.

c) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: quince (15) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1ª Entidade: Dirección Xeral de Urbanismo.

2ª Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3ª Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver número 1.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

a) En acto público na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano. Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Data: o cuarto (4º) día hábil que non coincida en sábado contado a partir daquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: ás 11 horas.

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda