O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:
Obxecto: acondicionamento da urbanización de Canide, en Maianca.
Orzamento de licitación: 147.876.825 pesetas (co IVE incluído).
Clasificación:
Grupo G, subgrupo 4: viais con mesturas betuminosas, categoría c.
Grupo E, subgrupo 1: abastecemento, seaneamento, categoría c.
Grupo I, subrupo 1: luces, iluminacións, balizamentos luminosos, categoría c.
Fianzas.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: doce meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 6 de novembro de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa