Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da alcaldía do día 2-11-2000, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, para a obra proxecto de urbanización da rúa Vila de Negreira (1ª fase), o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 14.766.045 pesetas (88.745,72 euros).

Prazo da obra: dous meses (2).

Fianza provisional: 295.321 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sabado, en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados desde o día seguinte á última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados, conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 3 de novembro de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde