A Comisión de Goberno, actuando por delegación do 8-7-1999, acordou en sesión do 12 de setembro de 2000, aprobar inicialmente a reparcelación voluntaria para o polígono 1 do Plan Parcial de Uso Industrial de Piadela, deste termo municipal, promovido por Jorge Etcheverría López, o que se expón ó público por espacio de vinte días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que se consideren procedentes.
O expediente de referencia queda de manifesto durante o prazo sinalado no Servicio de Urbanismo deste concello, edificio Liceo.
En Betanzos, 10 de outubro de 2000.
Antonio Lagares Pérez
Delegado de Urbanismo