Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 15 de novembro de 2000 Páx. 15.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e con expediente anticipado de gasto, da contratación de tres servicios de seguridade.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e con expediente anticipado de gasto, dos seguintes contratos de servicios:

1. Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Ourense (Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e Biblioteca Pública de Ourense):

-Orzamento de licitación: trece millóns setecentas corenta e catro mil seiscentas cincuenta e seis pesetas (13.744.656 pesetas) IVE incluído, condicionado á aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nos centros dependentes da Delegación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo en Lugo (Museo do Castro de Viladonga en Castro de Rei e Biblioteca Pública de Lugo).

-Orzamento de licitación: vintetrés millóns seiscentas oitenta e dúas mil sesenta pesetas (23.682.060 pesetas) IVE incluído, condicionado á aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

3. Contratación de persoal privado para servicios de seguridade nas dependencias da Dirección Xeral de Turismo en Santiago de Compostela:

-Orzamento de licitación: catro millóns setecentas corenta e sete mil trescentas oito pesetas (4.747.308 pesetas) IVE incluído, condicionado á aprobación

dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que se presenten á licitación de máis dunha contratación, deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C ) para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo