Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza do Pazo Universitario dos Deportes.

3. Orzamento (IVE incluído): 14.462.500 pesetas.

4. Duración do contrato: ano 2001.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: quince (15) días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 250, do 31 de outubro de 2000.

Lugo, 31 de outubro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo