Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 25 de outubro, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras

de accesos ó Carballiño desde C.P. Santa Marta a Cruz da Cancela p.k. 3.230.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles, contados desde a insercción deste anuncio no BOP.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: accesos ó Carballiño desde C.P. de Santa Marta a Cruz da Cancela p.k. 3.230.

Lugar de execución: Concello de Riotorto.

Prazo de execución: 3 meses.

Orzamento de licitación: 4.700.000 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional 2% tipo. Definitiva 4% do contrato.

Información: o modelo de proposicións e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello de Riotorto (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG.

Ritorto, 3 de novembro de 2000.

José López Cabodevila

Alcalde