Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica los Molinos, S.L.
Domicilio social: Igrexa, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: L.M.T., C.T. Campiño 9.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea de 890 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z. 18/30 kV, de 150 mm Al, C.T. de 250 kVA, relación
de transformación 20.000/400 V, en Campiño 9, concello de Pontevedra.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 23 de agosto de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra