Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 14 de novembro de 2000 Páx. 15.214

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 25 de outubro de 2000 pola que se dispoñen os cesamentos de vocais en representación dos concellos de Marín e Pontevedra no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 6 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma, polo que, expirado o período de dous anos durante o que a representación maioritaria no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra lle correspondeu ó Concello de Marín, e para dar cumprimento á alternancia requirida polos acordos do Consello de Goberno da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento de Alfonso Servando Sola Limia como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Marín, agradecéndolle os servicios prestados.

O cesamento de Francisco Antonio Santiago Fernández, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Marín, agradecéndolle os servicios prestados.

O cesamento de Miguel Ángel Fernández Lores, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación do Concello de Pontevedra, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda