Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación por este concello da subministración de adquisición dun vehículo todoterreo.

Tipo de licitación: 5.000.000 de pesetas.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, no horario de 9 a 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e consonte o modelo de proposición anexo a el.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero, teléfono 981 79 38 35.

Monfero, 29 de setembro de 2000.

Andrés Feal Varela

Alcalde