Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 1 de agosto de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización para apertura de pista á altura do nº 119 da avda. Alcalde M. Platas Varela, Arteixo, promovido pola sociedade Listigar, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto Daniel-Ángel Gómez Frutos e visado polo COAG en data de 11 de agosto de 1998. (Expediente 33/1998. PUR).

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da recepción da notificación do acordo obxecto do recurso, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición do mesmo sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición daquel), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 22 de agosto de 2000.

P.D. (Decreto 587/199)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde