Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 13 de novembro de 2000 Páx. 15.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 217/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor PAS-50, de 265 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Sobreviñas e final no C.T. Sueiro, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Sueiro,

do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.575 m de lonxitude. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Sueiro, Argote e Moseiro. No termo municipal de Noia. (Expediente 217/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados, dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas, que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 16 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 217/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Sueiro-ArgoteTermo municipal: Noia

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

2ConchidoMonte altoAntonio Blanco SuárezPonte S. Francisco, 2

15200 Noia

10160

3ConchidoMonte altoRicardo Freire PestonitR/ Almirante Antonio, 3, 3º I

20830 Motrico Guipúscoa

12192

4ConchidoMonte altoAntonio Blanco SuárezPonte S. Francisco, 2

15200 Noia

12129

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

5ConchidoMonte altoAurelio Rey BlancoPonte S. Francisco, 38

15200 Noia

121365

6ConchidoPradoMaría D. Freire PestonitArgote, 12

15200 Noia

13112

7ConchidoPradoJosé Somoza FilgueiraRepública Argentina, 3

15200 Noia

30150

8ConchidoLaborRepresenta: Concepción Blanco Martínez

Hdos. Manuel Blanco Suárez

Ponte S. Francisco, 4

15200 Noia

48240

9ConchidoMonte altoRamón Peña BlancoVilar de Tállara, 30

15214 Lousame

1260

10ConchidoMonte altoJosé S. de la Torre ReyR/Norberto Pijuán, 15

15930 Boiro

221890

11ConchidoMonte altoFlora Castro ReyEntre Ríos-Argalo, 38

15200 Noia

C.T.620100