Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

No BOP de Lugo número 166, do 20 de xullo de 2000 publícanse integramente as bases específicas rexedoras das probas para a provisión en propiedade das seguintes prazas do cadro de persoal da corporación, incluídas na oferta de emprego do ano 2000:

Funcionarios de carreira.

Denominación: garda da policía local.

Grupo segundo o artigo 25 da Lei 30/1984: D.

Clasificación: escala de Administración especial; subescala: servicios especiais; clase: policía local.

Procedemento: oposición libre.

Titulación esixida: graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

Número: tres.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas probas publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de edictos da casa do concello.

Viveiro, 2 de outubro de 2000.

César Aja Mariño

Alcalde