Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 10 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación 6004.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Ingemarga, S.A., con enderezo no apartado de correos nº 3, 27080 (Lugo), presentou nesta delegación provincial, o día 30 de marzo de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Corgo de 42 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo da provincia de Lugo e á que lle correspondeu o número 6004 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º29'00''43º00'00''

2-7º24'20''43º00'00''

3-7º24'20''42º59'00''

4-7º29'00''42º59'00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prezuízo de terceiros.

O que se fai público co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 10 de agosto de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo