Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.132

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4851/2000).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día de hoxe, esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora María Ángeles Fernández Rodríguez en nome e representación da Empresa Monforte, S.A., contra resolución da Dirección Xeral de Transportes do 3 de xuño de 2000, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de transporte da ría de Vigo e as illas Cíes, outorgada pola CPTOPV o 5 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 28 de xullo de 2000, páx. 11371).

Recurso número 02-0004851/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non o sendo persoalmente, teñan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. De facelo con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 4 de outubro de 2000.

Visto e prace

O presidente

Rubricado

A secretaria

Rubricado