Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.114

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 263/2000, do 30 de outubro, polo que se dispón o cesamento de dous membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Javier García Ruiz e como membro suplente, Marina Graña, en representación da Conferación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente