Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por poxa aberta, da execución de diversas obras de pavimentación de rúas na cidade.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Vías e Obras, nº expedientes 29459/250 e 29458/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución de diversas obras de pavimentación de rúas na cidade (Vigo).

Lotes: dous.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: un mes para cada lote.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base.

Lote 1 : 5.238.036 pesetas e lote 2: 12.824.239 pesetas.

5. Garantías: provisionais: non se esixen.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n 36203 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 24 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde