1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Vías e Obras, nº expedientes 29759/250; 29758/250; 29949/250; 29948/250 e 29915/250.
2. Obxecto do contrato: descrición: execución de diversas obras de pavimentación de rúas na cidade (Vigo).
Lotes: cinco.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: lote 1 tres meses e resto dos lotes 1 mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4. Orzamento base.
Lote 1 : 8.550.000 pesetas; lote 2: 6.905.712 pesetas; lote 3: 8.873.426 pesetas; lote 4: 6.940.978 pesetas; lote 5: 11.885.186 pesetas.
5. Garantías: provisionais: non se esixen.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n 36203 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: non se esixe.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos
16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 24 de outubro de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde