Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 29 de setembro de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle modificado, redactado para a parcela nº 2 do polígono industrial Río do Pozo polo arquitecto Horacio E. Gil García, e promovido pola empresa Inditex, S.A.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñe-los seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Si a resolución é expresa, o recurso contencioso-administrativo poderase interpoñer no prazo de dous meses; se é presunta, o prazo para interpoñe-lo devandito recurso será de seis meses.

c) Calquera outro recurso que considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

Narón, 3 de outubro de 2000.

Xoán Gato Díaz

Alcalde