Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-12/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 29 de setembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a intervención no edificio Casa do Mar, situado na rúa Ramón e Cajal, nº 2, por proposta do Sergas. No proxecto constructivo deberá preverse un tratamento adecuado á medianeira co soar da fábrica de tabacos.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán satisfeitos polo se promotor.

A Coruña, 16 de outubro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo