Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de setembro de 2000 pola que se lles notifican ós interesados as resolucións acordadas nos expedientes de desafiuzamento C 82010 (contas 35, 47, 130 e 134) e C 82030 (conta 131), da provincia da Coruña.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada sen efecto a notificación por dúas veces no domicilio dos interesados, notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo as resolucións desta dirección polas que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado por falta de pagamento, e o lanzamento das vivendas, que levará a cabo o funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución

forzosa de actos da Administración incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Os feitos indicados constitúen causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.1º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, e no artigo 138.1º do regulamento, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

É competente para resolve-lo expediente o director xeral do IGVS en virtude das facultades previstas na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo e no Decreto 70/1997, de estructura orgánica, modificado polo Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles

a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Contra as citadas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

Expediente: C 82010, conta 35.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Constantino Pérez Rico.

Último domicilio coñecido: Ponte de Caranza (bloque 22, portal 3), P-B, 6º esquerda-Ferrol.

Data da resolución: 31-8-2000.

Débeda pendente: 1.398.984 pesetas.

Recibos pendentes de pagamento na data de resolución: 12/1986 a 7/2000.

Expediente: C 82010, conta 47.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Josefina Rego Ferreiro.

Último domicilio coñecido: Ponte de Caranza (bloque 22, portal 4), P-A, 6º esquerda-Ferrol.

Data da resolución: 31-8-2000.

Débeda pendente: 1.103.595 pesetas.

Recibos pendentes de pagamento na data de resolución: 1/1987 a 7/2000.

Expediente: C 82010, conta 130.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicataria: Matilde Silvar Tojeiro.

Último domicilio coñecido: r/ Fonte do Piñeiro (bloque 22, portal 11), P-F, 4º esquerda-Ferrol.

Data da resolución: 31-8-2000.

Débeda pendente: 1.398.984 pesetas.

Recibos pendentes de pagamento na data de resolución: 12/1986 a 7/2000.

Expediente: C 82010, conta 134.

Réxime de adxudicación: arrendamento.

Adxudicatario: Alberto Fernández González.

Último domicilio coñecido: Fonte do Piñeiro (bloque 22, portal 11), P-F, 6º esquerda-Ferrol.

Data da resolución: 31-8-2000.

Débeda pendente: 1.398.984 pesetas.

Recibos pendentes de pagamento na data de resolución: 12/1986 a 7/2000.

Expediente: C 82030, conta 131.

Réxime de adxudicación: arrendamento

Adxudicatario: Fernando Fernández Casal.

Último domicilio coñecido: rúa Rafael Alberti, nº 8-6º C, A Coruña.

Data da resolución: 31-8-2000.

Débeda pendente: 672.758 pesetas.

Recibos pendentes de pagamento na data da resolución: 9/1993 a 12/1996 e 10/1997 a 8/2000.