Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial, P-147/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José Antonio García

Blanco, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1º planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente nº: P-147/2000.

Denunciado: Antonio Pérez Iglesias (DNI 34.944.503).

Último enderezo coñecido: Avda. Carrero Blanco, nº 17-7º A, Ourense.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, ó ter capturado dúas troitas de tamaño inferior ó regulamentario (1-18 cm; 1-17 cm). Feitos constatados o día 13-5-2000 ás 11.30 horas na marxe esquerda do río Enviande-parroquia de Pedrafita. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Indemnización por danos e perdas: 6.000 pesetas.

Lugo, 7 de setembro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo