Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo do 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente incoado por infracción da Lei de caza C-8/2000 e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997, de caza de Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

ANEXO

Expediente nº: C-8/2000.

Denunciado: José Luis Vázquez Bruzos.

DNI: 33.768.086.

Enderezo: avda. da Coruña, nº 85-2º Lugo.

Feito denunciado: non levar consigo a documentación preceptiva (seguro obrigatorio do cazador), aínda sendo titular dela. Feitos constatados o día 1-1-2000, ás 13.30 horas no couto LU-10.296. San Paio e Marzán. Guntín. Lugo.

Precepto sancionador: 57.4º da Lei 4/1997, de caza en Galicia.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Lugo, 5 de xullo de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo