Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.085

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (12/2000).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 12/2000 que se segue perante este xulgado sobre falta do artigo 636 do Código Penal, cítanse os denunciados, Manuel González Figueiras e Raúl González Lago, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan perante este xulgado o vindeiro día 12 de decembro, ás 10,30 horas, co obxecto de asistiren á realización do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que tenten valerse, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; poden ser asistidos de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o seis de outubro de dous mil.

O secretario

Rubricado