Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.083

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 7 de novembro de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Convocada por Orde do 9 de outubro de 2000 (DOG nº 202, do 18 de outubro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no Decreto 148/1991, do 2 de maio do Decreto 143/1992, do 5 de xuño, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, anunciada por Orde do 9 de outubro de 2000 (DOG nº 202, do 18 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo desta orde.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-admi

nistrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

José Mª Hernández Conchón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: directo xerente.

Nome e apelidos: Jesús Caramés Bouzán.

DNI: 35.238.532.

Titulación académica: titulación superior.