Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Arbo (Pontevedra).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 4/2000.

2. Obxecto.

É obxecto deste concurso, con procedemento aberto, a execución do proxecto de saneamento en Cuarto San Cristovo, incluído no POL/00.

Prezo: 11.088.070 pesetas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Os esixidos polas cláusulas do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Arbo.

-Entidade: Concello de Arbo.

-Domicilio: Praza Consistorio nº 1.

-Localidade: Arbo 36430.

d) Prazo durante o que o licitador queda na obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o día de apertura das propostas.

7. Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas, na sede do concello.

8. Outras informacións.

1. O alcalde aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón ó público para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, polo prazo de oito días hábiles.

2. Modelo de proposición: axustarase á correspondente que figura no prego de cláusulas administrativas.

9. Obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Arbo (Secretaría).

b) Domicilio: praza Consitorio nº 1.

c) Localidade: Arbo 36430.

d) Teléfono: 986 66 00 00.

e) Telefax: 986 66 50 11.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Arbo, 27 de outubro de 2000.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde-presidente