Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 9 de outubro de 2000, da Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa, pola que se notifican as aperturas e os pregos de cargos dos expedientes sancionadores (PESAN1 00/285-5 e 393-5).

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99 do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Vilagarcía de Arousa (Carril-Alto da Rosa, s/n).

Nº de expediente: PESAN1 2000/000285-5.

Denunciado: Juan José Rial Dios.

DNI: 35.416.925-F.

Enderezo: Semoiño, 34 - Illa de Arousa.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000393-5.

Denunciado: Avelino Dios Cores.

DNI: 35.428.851-L.

Enderezo: Cabodeiro, 1 - Illa de Arousa.

Vilagarcía de Arousa, 9 de outubro de 2000.

Carlos Gabín Sánchez

Delegado comarcal de Vilagarcía de Arousa