Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/95-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Minorsa (Minería Ornamental, S.A.).

Domicilio social: r/ Carneiras-Macal, 32, Castrelos, 36213 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. na canteira de Orega.

Situación: Leiro.

Características técnicas: liña a 20 kV de 167 m aérea máis 16 m subterránea con orixe na L.M.T. próxima de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e con final no C.T. proxectado en caseta con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V na canteira de Orega.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense