De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:
A liña eléctrica aérea de media tensión, a 15 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 95 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o polígono de Espírito Santo e final o C.T. Armental, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Armental, do que parte rede de baixa tensión sobre
apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 m de lonxitude, co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Armental, no termo municipal de Cambre. (Expediente 204/2000).
O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se se ignora o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 10 de outubro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 204/2000. Provincia: A Coruña.
L.M.T., C.T.I., R.B.T. Armental.Termo municipal: Cambre.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
15280 Cambre
15280 Cambre1 Horta Monte baixo Carmen Montero Balado Armental, 31
8 80
2 Horta Labradío Carmen Montero Balado Armental, 31
L.A.T. 40