Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da obra de substitución e ampliación da rede de saneamento e recollida de pluviais en Baltar, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación das devanditas obras.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: substitución e ampliación da rede de saneamento e recollida de pluviais en Baltar.
b) Lugar de execución: Baltar-Sanxenxo.
c) Prazo de execución: 40 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 15.549.204 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 310.984 pesetas.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo-rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Tfno. 986 72 00 75-76. Fax 986 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
Criterios de adxudicación: cláusula 13 do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 19 de outubro de 2000.
Telmo Martín González
Alcalde