Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 19 de setembro de 2000, do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte, de notificación de proposta de resolución de expediente sancionador.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, ésta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra ó seu dispor nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte del organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez, 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 19 de setembro de 2000.

Ramón Vázquez Montero

Instructor

ANEXO

Expediente número: DH.D15.11445.

Persoa interesada: Francisco J. Espada Fernández.

Domicilio que consta no expediente: r/ López Mora, 86-4º. 36211 Vigo.

Acto administrativo: proposta de resolución de data 22-6-2000.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 a) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: declaración de non responsabilidade ou infracción por falecemento da persoa presuntamente responsable, con arquivo das actuacións practicadas.