Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 190/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e nos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións

eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e a imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións.

Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 72 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 4 da liña que alimenta o C.T. Longrás e final no C.T. Alto Berdillo, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en alto Berdillo do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 249 m de lonxitude. Co fin de mellora-la seguridade e a calidade da subministración da zona de Alto Berdillo. No termo municipal de Carballo. (Expediente 190/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados

dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruañ, 4 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 190/2000.Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T., R.B.T. Alto Berdillo.Termo municipal: Carballo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1BerdilloMonte altoManuel Varela ViñaMoucho-Berdillo, 29

15108 Carballo

1216454

2BerdilloMonte altoManuel Bello RabuñalPrego-Berdillo, 1

15108 Carballo

œ C.T.37230