Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de setembro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00282-O-2000 e cinco máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación, ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 19 de setembro de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00282-O-2000

C-7372-BC

G.C. Tráfico

Construcciones Izagre, S.L.

Avda. de Fragoso, s/n, 36210 Vigo (Pontevedra)

Realizar servicio privado complementario transportando terra carecendo da tarxeta de transportes. O conductor non acredita relación laboral coa empresa. Mostra distintivos MPC-N.

4-2-2000; 13; N-120; 664

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30), art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990, 143 Lei 16/1987, 201 RD. 1211/1990100.000 pesetas

PO-00319-O-2000

PO-7241-BL

G.C. Tráfico

Vicente Ibáñez García

Trav. Cuarta Extremadura, 22 B, 36206 Vigo (Pontevedra)

Realizar servicio público transportando cablería, carecendo da tarxeta de transportes. Carece do contrato de arrendamento.

15-2-2000; 10.20; N-550; 152,400

Art. 17 da Orde do 20 de xullo de 1995, sobre o arrendamento de vehículos sen conductor (BOE nº 183, do 2 de agosto), art. 90 da Lei 16/1987 e art. 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990, 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199060.000 pesetas

PO-00512-O-2000

PO-7241-BL

G.C. Tráfico

Vicente Ibáñez García

Trav. Cuarta Extremadura, 22 B, 36206 Vigo (Pontevedra)

Realizar servicio privado transportando dous palés de retrincos de granito, carecendo a bordo do vehículo do correspondente contrato de arrendamento, nin fotocopia compulsada da tarxeta de transportes. Non mostra ningún distintivo.

23-2-2000; 14.45; N-120-A; 656,500

Art. 90 da Lei 16/1987 e art. 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 pesetas

PO-01109-O-2000

PO-7992-AK

G.C. Tráfico

Ramón Salazar Salazar

Parque Infantil, 33, 36400 O Porriño (Pontevedra)

Circular transportando bolsos, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado.

16-3-2000; 7.40; A-9; 137,5

Art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 pesetas

PO-01136-O-2000

M-8221-MH

G.C. Tráfico

César Díaz Rguez.

Lg. Rodeiro, s/n, 15380 Oza dos Ríos (A Coruña)

Circular realizando transporte público de mercadorías carecendo do correspondente título habilitante (tarxeta de transportes). Transporta un turismo Talbot Samba que participou en rally no Polígono 2000 Lalín. Carece de distintivos.

19-9-1999; 15.40; N-525; 294,5

Art. 90 da Lei 16/1987 e art. 41 do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 pesetas

PO-01378-O-2000

M-4751-YN

G.C. Tráfico

Manuel Angleu Albert

Tamarindo, 12, 28935 Móstoles (Madrid)

Circular transportando aparellos para cortar patacas e verduras, carecendo dos distintivos da tarxeta de transportes. Servicio privado.

2-5-2000; 17.55; N-525; 313

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 pesetas