Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras do POL 2000.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. PO-4304 Meirol-enlace autovía (Mondariz): 41.500.000.

2. PO-4203 Tortoreos-A Estación (As Neves): 60.000.000.

3. PO-9501 Ribadumia-Grenla (Ribadumia): 53.665.480.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 2: grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 3: grupo A, subgrupo 2, categoría d e grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 26 de outubro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado