Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 11 de outubro de 2000, aprobou inicialmentte o proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Oímbra, que foi informado polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 18 de xullo de 2000.

De conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese o trámite de información pública, para que durante o prazo dun mes os interesados que o desexen poidan examinar todo o expediente e formular por escrito cantas alegacións e reclamacións coiden convenientes. Este prazo dun mes empezará a contar a partir da última publicación deste edicto no DOG ou no xornal La Región.

Oímbra, 20 de outubro de 2000.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde