Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.891

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (84/2000).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 84/2000 se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2000.

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos estes autos de xuízo verbal de faltas número 82/2000, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, os denunciados José Francisco Lado Lema e Sonia Phillips.

Que debo absolver e absolvo libremente a José Francisco Lado Lema e Sonia Phillips da falta de furto pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais.

E para que así conste e lles sirva de notificación a José Francisco Lado Lema e Sonia Phillips, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia expido esta cédula en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 2000.

A secretaria

Rubricado