Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.886

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán concursos de prazas de profesorado desta universidade convocadas por Resolución do 21 de febreiro de 2000.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 21 de febreiro de 2000 (BOE do 15 de marzo), e que son as que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 6 de outubro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

Nº praza: 4/2000.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Comisión titular:

Presidente: Carlos López-Fanjul de Argüelles, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Armando Caballero Rúa, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Ramón Giráldez Ceballos-Escalera, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Carles Pla Zanuy, profesor titular de universidade. Universidade de Girona.

Jesús E. de Albornoz Pons, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Andrés Moya Simarro, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Vocal secretario: Juan José Pasantes Ludeña, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

M. Rosa de Frutos Illán, catedrática de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Amadeu Creus Capdevila, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Julia Rueda Muñoz de San Pedro, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Nº praza: 5/2000.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Comisión titular:

Presidente: Alfonso José García Cerezo, catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Vocal secretario: Ricardo Marín Martín, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Aníbal Ollero Baturone, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Francisco Pablo Sastrón Baguena, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Carlos Cerradas Somolinos, profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Comisión suplente:

Presidente: Javier Aracil Santonja, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal secretario: Antonio Barreiro Blas, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Guillermo Ojea Merín, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Jaime Gómez García-Bermejo, profesor titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Fernando Torres Medina, profesor titular de universidade. Universidade de Alacante.

Nº praza: 6/2000.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: física da terra, astronomía e astrofísica.

Comisión titular:

Presidente: Francisco Sánchez Martínez, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Vocal secretaria: Minia Manteiga Outeiro, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Emiliano Hernández Martín, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Damia Gomis Bosch, profesora titular de universidade. Universidade de Illes Balears.

Josep María Paredes Poy, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Eduardo Battaner López, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocal secretario: Ramiro Alberto Varela Benvenuto, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Amalio Fernández-Pacheco Pérez, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Emma Suriñach Cornet, profesora titular universidade. Universidade de Barcelona.

Jesús Miguel Ibáñez Godoy, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.