Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.881

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000, correspondente á categoría 91 (técnico especialista en informática) (lista B) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 23 de outubro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por José Roberto Fernández Castro contra a Resolución do 7 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 91 (técnico especialista en informática) (lista B) do grupo III.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por este, nas listas publicadas por Resolución do 7 de xullo de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 91 (técnico especialista en informática) (lista B) do grupo III, cos seguintes datos:

-José Roberto Fernández Castro, DNI 35.313.123 lista B, puntuación: 2,070:

No posto número 15 no ámbito xeográfico D0000 e no posto 13 no ámbito xeográfico D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública