Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de prolongación do paso inferior no bordo marítimo e de estructura de conexión coa autoestrada A-9 e Sanjurjo Badía.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 14 de xullo de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de prolongación do paso inferior no bordo marítimo e estructura de conexión coa autoestrada A-9 e a rúa Sanjurjo Badía, de conformidade co informe do director dos servicios técnicos da Xerencia.

Este expediente sométese ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 25 de setembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo