Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Enmacosa, con domicilio no edificio Enmacosa-Pombal, 12 A, 36979 Adina-Sanxenxo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 se setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Cancelar, por cambio de domicilio, a inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción de Enmacosa, con domicilio na rúa das Conchas, 8, 36960 Sanxenxo (Pontevedra) e,

Concederlle a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Enmacosa, con domicilio no edificio Enmacosa-Pombal, 12 A, 36979 Adina-Sanxenxo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro na área de:

-HA: área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, area, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos, co número 15023HA00.

-SE: área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo, co número 15024SE00.

-ST: área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15025ST00.

-SV: área de solos, area, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais, co número 15026SV00.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo